A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presenta unha exposición itinerante destinada a divulgar o papel das mulleres como axentes activos de resistencia en España, Italia, Francia, Alemaña, Bélxica, Croacia e Portugal durante a guerra civil española e a II guerra mundial.
Milicianas, políticas, traballadoras na retagarda, voluntarias, guerrilleiras, manifestantes, represaliadas… Desde as súas accións máis conscientes ata os pequenos xestos que serviron para contribuír á loita pola liberdade e o antifascismo con dignidade, solidariedade e valentía. Con esta mostra queremos facer xustiza á súa memoria e ofrecerlle ao público visitante unha visión global da importancia real que supuxeron as súas accións na nosa historia.
CALENDARIO
Datas que irán actualizándose co itinerario da exposición