Proxecto

Proxecto: As mulleres como elemento de resistencia da memoria de Europa
Programa Europe for Citizens de la Comisión Europea
Identificación: 608944-CITIZ-1-2019-1-ES-CITIZ-REMEM
Organización coordinadora: Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH)

Por que presenta este proxecto a ARMH?

A ARMH desexa estreitar lazos coa sociedade civil de diferentes países membros e dar a coñecer neles a loita e a resistencia das mulleres contra o fascismo en Europa. En base a esta vontade pedagóxica organizaranse actividades divulgativas: exposición itinerante, conferencias e coloquios en varios países, recollida de resultados finais e unha web de memoria colectiva europea. É dicir, crearase unha rede de memoria histórica europea que difunda a historia desta resistencia.
Coordinadas pola ARMH, persoas representantes da sociedade civil e da investigación universitaria e activista de países membros, serán invitadas a xornadas de traballo e análise nas que profundar sobre o papel das mulleres na resistencia contra o fascismo.


En definitiva, crearase un mapa de memoria da resistencia ao fascismo cunha sólida perspectiva de xénero.

As liñas do proxecto

O proxecto Mulleres Resistentes céntrase na contribución do movemento dos dereitos da muller á democracia en Europa e en darlle toda a visibilidade que merecen. O movemento abrangue dende a batalla polo dereito ao voto da muller (en España no ano 1933) ata a resistencia das mulleres á loita contra o fascismo na guerra civil española e a segunda guerra mundial.

A loita das mulleres foi complexa, mentres pelexaban polos seus dereitos tamén permanecían, mesmo en situacións dolorosas, involucradas cos seus roles familiares tradicionais de nais, mulleres, irmás. Este feito influíu de forma innegable nas súas decisións de unirse á loita.

O Proxecto Mulleres Resistentes ten a intención de explicar como as mulleres tiveron un papel relevante na loita contra o fascismo: co apoio en retagarda aos combatentes da Resistencia, coa súa axuda a xudeus e maquis, actuando como mensaxeiras ou na batalla (un exemplo, en Italia, 55.000 mulleres italianas foron recoñecidas como combatentes partigianas).

Exposición e actividades

A proposta de actividades do proxecto Mulleres Resistentes ten como eixe principal una exposición itinerante que explica o cronograma de diversas contribucións das mulleres á democracia en Europa centrada na súa loita contra o fascismo. A exposición percorrerá varios países europeos: España, Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Croacia e Portugal. En cada cidade encargaranse de presentala representantes da ARMH e recoñecidas investigadoras e investigadores da zona.

É do noso interese en cada evento complementario do proxecto priorizar o coñecemento dos feitos a través de testemuñas vivas (ou parentes) das personaxes ou acontecementos principais da historia á que procuramos dar luz.

A exposición compleméntase con conferencias que proporcionarán unha maior compresión do contexto do proxecto. Ademais, desenvolveranse paralelamente eventos culturais e visitas pedagóxicas nos diferentes lugares e que porán o foco na importancia da muller na construción democrática de Europa.

Contexto

Dende o 1 de abril de 1939, fin de la guerra civil española e inicio da ditadura franquista, todos os avances que la II República española pola igualdade da muller freáronse rotundamente a través do Boletín Oficial.

O papel das mulleres desde o 14 de abril de 1931 ata o golpe fascista ten unha grande importancia na vida política e social, como fito destacamos que o 19 de novembro de 1933 a muller puido votar en España por primeira vez. Varias mulleres acadaron postos relevantes dentro do Goberno promovendo valores de igualdade, democracia e solidariedade. A igualdade chegaba aos centros de traballo, organizacións sociais, políticas e de educación (grande incremento de mestras).

Consumado o golpe de estado fascista e iniciada a guerra civil, as mulleres tiveron un papel relevante, tanto na fronte como na retagarda. Durante a guerra, miles de mulleres acudiron ás trincheiras ao berro de NON PASARÁN!,defendendo os valores de democracia, liberdade e antifascismo. Nos lugares que o exército fascista tomaba pola forza, foron moitas as mulleres utilizadas como trofeo de guerra entre os seus colaboradores. Non obstante, miles de mulleres seguiron loitando na resistencia demócrata e antifascista, creando redes de enlace.

Paralelamente, o final da guerra trouxo un notable exilio cara ao sur de Francia e desde aí aos campos de concentración nazis. Esta exposición tamén relata a resistencia da muller na II Guerra Mundial.

No caso español, recordaremos que centos de mulleres foron deportadas e moitas non regresaron nunca a España; tamén esa foi unha consecuencia da longa ditadura franquista.

É un exercicio de obriga moral lembrar a todas esas mulleres: Demócratas, loitadoras antifascistas, sufraxistas, educadoras, represaliadas, deportadas…

Vivimos nunha época na que a paridade e igualdade sen condicións entre homes e mulleres debe ser unha das bases da convivencia da nova Europa. Nas primeiras eleccións ao Parlamento Europeo de 1979 houbo un 16% de representación de mulleres, esa porcentaxe medrou ata o 37% nas de 2014. A tendencia, claramente, obríganos a recordar a historia de todas as mulleres que loitaron en pro da democracia e para que a nosa representatividade sexa igualitaria.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad