Mulleres Resistentes 1936-1945. Mulleres en loita contra o fascismo
INAUGURACIÓN 03.12.21 no VELLO CÁRCERE DE LUGO.
Exposición ata o 5 de Xaneiro de 2022
Inauguración Mulleres resistentes. Lugo
O acto inaugural da exposición “Mulleres resistentes” da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) no vello cárcere de Lugo tivo lugar o 10 de decembro de 2021. Contou coa presenza de Carmen G-Rodeja, representante da ARMH en Galicia, das colaboradoras do proxecto en Alemaña, Francia e Galicia, Verena Boos, Paloma León e Cristina Fiaño, así como dos concelleiros Rubén Arroxo e Paula Alvarellos. Tamén nos acompañou no acto a palabra poética de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco e a música de Su Garrido Pombo.
Entrevista a Renée Miguel Bueno, filla da resistente Araceli Bueno
Dentro do marco de actividades organizadas pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) arredor da exposición Mulleres resistentes tivo lugar, o día 10 de decembro de 2021, esta conversa entre dúas fillas do exilio español en Francia, Paloma León e Renée Miguel Bueno. Nela Paloma León convida a Renée Miguel Bueno a contar a vida da súa nai, Araceli Barranco Vázquez (Araceli Bueno), axente activo da Resistencia en Francia, torturada e perseguida polos nazis.
Encontro internacional “MULLERES CUNHA ALMA SEN FRONTEIRAS”
A tarde do sábado 11 de decembro de 2021 tivo lugar o encontro Mulleres cunha alma sen fronteiras dentro das actividades da exposición da ARMH “Mulleres resistentes”.
Nel participaron Verena Boos, escritora e colaboradora alemana do proxecto, que tratou sobre a participación de mulleres alemás nos grupos de resistencia ao nazismo; Paloma León, escritora e colaboradora do proxecto en Francia, que nos falou sobre as revoltas e desacatos protagonizados polas mulleres no exilio francés; e María Lopo, investigadora especialista en María Casares, quen tratou sobre o exilio da actriz galega en Francia e a súa amizade coa moza xudía Nina Reicyn, a quen acolleu na súa casa de París antes ser apresada polos nazis. Un emocionante caso de sororidade na Galicia exiliada antifascista. Presenta: Cristina Fiaño
Coloquio “A Memoria como loita”
O día 4 de decembro de 2021 realizouse no Vello Cárcere de Lugo a mesa de familiares ” A Memoria como loita” dentro das actividades da exposición “Mulleres Resistentes” coa participación de:
Renée Miguel Bueno – filla de Araceli Bueno, exiliada española e axente activo na Resistencia francesa, perseguida e encarcerada polos nazis. Salomé da Torre – neta de Carmen Rodriguez Nogueira, enlace da guerrilla antifranquista, perdeu gran parte da súa familia, foi encarcerada e torturada Paz Gómez del Valle – neta de María del Valle, por pedir a liberación do seu fillo foi levada ao cárcere de Bande e foi vítima de secuestro e asasinato. Presentan: Carmen G-Rodeja e Adriana Pereira